Concello de Alfoz
ITV AGRÍCOLA EN ALFOZ DO 15 AO 20 DE OUTUBRO

ITV AGRÍCOLA EN ALFOZ DO 15 AO 20 DE OUTUBRO

11/Setembro/2025

O Concello de Alfoz informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Campo de Fútbol de Alfoz entre os días 15 e 20 de outubro de 2025.

O servizo prestarase en horario de mañá e tarde, agás o venres 17 de outubro, que funcionará só en horario de mañá.

Horario de atención

Mañás: de 9:00 a 13:30 horas
Tardes: de 15:15 a 18:00 horas

Para pasar a inspección é necesario solicitar cita previa, dispoñible a través da páxina web  www.sycity.com ou no teléfono 981 92 80 80.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO