O Concello de Alfoz pon en marcha as actividades deportivas para adultos deste curso. O prazo de inscrición estará aberto do 15 ao 22 de setembro, a través da sede electrónica ou na oficina de rexistro do Concello.
FOLLA DE INSCRICIÓN
A oferta inclúe:
Ximnasia de mantemento (martes e xoves, 18:30 a 19:30 h, no Pavillón Municipal)
Ioga (luns e mércores, 19:30 a 20:30 h, na Escola de nenos de Adelán)
Aerobic (martes e xoves, 19:30 a 20:30 h, no Pavillón Municipal)
Pilates (luns 18:30 a 19:30 h e mércores 20:30 a 21:30 h, na Escola de nenos de Adelán, con opción dun día ou dous)
As prazas son limitadas.