Concello de Alfoz
O CONCELLO DE ALFOZ OBTÉN UNHA AXUDA DA FEMP PARA IMPULSAR A IGUALDADE

O CONCELLO DE ALFOZ OBTÉN UNHA AXUDA DA FEMP PARA IMPULSAR A IGUALDADE

15/Setembro/2025
O Concello de Alfoz recibiu unha subvención de 5.000 € ao abeiro da convocatoria de axudas da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), destinada a apoiar accións que fomenten a transversalidade de xénero na planificación e desenvolvemento das políticas públicas de igualdade no ámbito local. 

O proxecto presentado leva por título: “Apertura do CEIP Castro de Ouro – Alfoz fóra do horario escolar (setembro 2024 – xuño 2025)”, e será imputable no período comprendido entre o 8 de xaneiro e o 20 de xuño de 2025.

Esta axuda permitirá ao Concello avanzar na creación de espazos máis inclusivos e igualitarios, contribuíndo a mellorar a conciliación e a promover a igualdade real entre mulleres e homes.

PUBLICIDAD SUBVENCION FEMP
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO