Concello de Alfoz
XXXI FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE EN ALFOZ

XXXI FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE EN ALFOZ

19/Setembro/2025
O vindeiro Sábado 11 de Outubro, terá lugar o “XXXI FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE”, para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, empadroadas no Concello de Alfoz e que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de confraternidade no Pavillón Municipal de Deportes do Concello, así como diversos Actos.

 As persoas interesadas en participar en dito evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello no seguinte prazo: dende o venres 19 de setembro de 2025 ata o venres 3 de Outubro.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO