O vindeiro sábado 4 de outubro de 2025, celebrarase a IV Carreira Popular Valadouro–Alfoz, con saída desde a Casa da Cultura do Valadouro e chegada no pavillón municipal de Alfoz.
O percorrido pasará polos seguintes lugares do concello de Alfoz: Reirado, A Rega, Candaeado, Xordelo e Santa Mariña.
Por motivos de seguridade, as estradas polas que transcorre a carreira permanecerán pechadas dende as 10:00 ata as 12:00 horas, incluídas as vías que rodean o CEIP, parque e vivendas sociais.
Agradecemos de antemán a colaboración da veciñanza para manter as vías libres de vehículos e facilitar o correcto desenvolvemento da proba.