TEATRO INFANTIL EN ALFOZ: CABICIVAI DE PABLÍSIMO
08/Outubro/2025
Coincidindo co Día das Bibliotecas, o venres 24 de outubro teremos a actuación de Pablísimo coa súa nova proposta: CABICIVAI, un espectáculo sobre rodas cheo de maxia, contos e imaxinación.
Hora: 15:00 h
Lugar: Casa da Cultura de Alfoz
Unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa…Unha historia para deixar voar a imaxinación de pequenos e maiores!