Programa “LecerConsumo 2015”
21/Xullo/2015
Un ano máis a Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo, desenvolverá o Programa LecerConsumo para achegar á pobación os valores de consumo responsable a través de actividades participativas e lúdicas, que este ano xirarán ao redor do lecer, os xogos populares e a publicidade.
Desenvolveranse tres actividades:
-Un lecer máxico: contacontos, actividades lúdicas e creación dun xoguete. Para nenos/as de 3 a 7 anos.
-Xincana de lecer, publicidade e TIC: obradoiro no que se creará un anuncio orixinal, divertido e innovador en torno ao lecer e que participará nun concurso a través do Facebook da Escola Galega de Consumo.
Para rapaces/as de 8 a 16 anos.
-Charla participativa “Alternativas para un lecer responsable a tódalas idades”: durante a mesma valoraranse diferentes alternativas de lecer e as súas vantaxes, así como os dereitos que temos como consumidores, a compra de viaxes por internet, etc.
Para maiores de 16 anos e adultos/as.
A actividade terá lugar o VENRES 7 DE AGOSTO ás 11:30 horas no Castelo de Castro de Ouro.
Inscricións ata o 3 de agosto no Concello de Alfoz ou no teléfono 982.55.85.81