Concello de Alfoz
BANDO – PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2026 (IMSERSO)

BANDO – PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2026 (IMSERSO)

05/Novembro/2025

Infórmase que todas as persoas interesadas en participar no Programa de Termalismo Social 2026, ofertado polo IMSERSO, poden tramitar a súa solicitude mediante a Traballadora Social do Concello de Alfoz.

Requisitos principais

Poden solicitar praza:

  1. Pensionistas por xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social, pensionistas de viuvez (a partir de 55 anos), ou persoas perceptoras de prestacións/subsidios de desemprego (60 anos ou máis).

  2. Persoas aseguradas ou beneficiarias do Sistema de Seguridade Social con 65 anos ou máis.

  3. Persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro sempre que perciban pensión contributiva equivalente.

  4. Non presentar alteracións de comportamento que impidan a convivencia nin enfermidade infectocontaxiosa.

  5. Precisar tratamento termal prescrito e carecer de contraindicación médica.

Pódese acudir acompañado/a do cónxuxe ou parella aínda que non cumpra requisitos de pensión e idade. Tamén poden acceder os fillos/as con discapacidade de grao igual ou superior ao 45 %, sempre que compartan habitación.

Documentación a presentar
  • DNI/NIF do solicitante e, no seu caso, da persoa acompañante.

  • Título de familia numerosa (se procede).

  • Certificado das pensións.

Prazos de solicitude
  • Para quendas febreiro – agosto → ata o 4 de decembro de 2025.

  • Para quendas setembro – decembro → ata o 15 de maio de 2026.

  • Para lista de espera de prazas→ ata o 15 de maio de 2026 (meses de febreiro a agosto) e ata o 15 de outubro de 2026 (meses de setembro a decembro). 

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO