25N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
10/Novembro/2025
En Alfoz xa estamos en marcha co programa do 25N para visibilizar que “as feridas non sempre se ven”. Ao longo desa semana:
- A Casa do Concello iluminarase de violeta como símbolo de apoio e compromiso contra a violencia machista.
- Repartiranse bolsas de tela co lema “As feridas non sempre se ven”, tanto no CEIP Plurilingüe Castro de Ouro como nas actividades de adultos.
E ademais, dúas actividades abertas ao público:
29 de novembro | 19:00 h | Casa da Cultura
Presentación do libro "As tolas que non o eran" de Carmen V. Baliña, unha historia real sobre a violencia silenciada contra as mulleres.
30 de novembro | Taller de defensa persoal para mulleres
En horario de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
Casa da Cultura
Prazas limitadas — Inscricións ata o 24 de novembro (mínimo 7 participantes) no Concello coa educadora familiar (luns e mércores de 9:00 a 14:00 h) ou no 982 558 001 ext. 6.