NOVEMBRO SEGUE SENDO O MES DO TEATRO EN ALFOZ!
10/Novembro/2025
Temos unha nova cita co Circuito de Teatro Afeccionado 2025:
Sábado, 15 de novembro
20:00 h
Casa da Cultura de Alfoz
“Aire Fresco” – Grupo Ardora
Comedia | Todos os públicos | 75 min
Entrada de balde
Nesta obra, o humor serve para reflexionar sobre unha realidade moi seria: as persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados durante a pandemia, pola súa vulnerabilidade e polo impacto que o illamento tivo nas súas vidas. “Aire Fresco” busca facer rir, pero tamén concienciar sobre a importancia de coidar a quen nos coidou.
Vente pasar un rato de teatro, risa e reflexión.