Concello de Alfoz
OBRADOIRO: REPOUSO E SOÑO

OBRADOIRO: REPOUSO E SOÑO

14/Novembro/2025
Sabías que durmir ben é unha das mellores ferramentas para coidar a túa saúde? No Obradoiro “repouso e soño” descubriremos como mellorar a calidade do descanso e coñecer aqueles hábitos que nos axudan a durmir mellor.
 
Lugar: Centro Sociocultural de Alfoz
Data: 12 de decembro
Hora de inicio: 10:30 h
 
Que traballaremos?
 
- Que é o sono e por que é esencial para o benestar físico e emocional.
- Como cambia o sono co paso dos anos.
- Hábitos e factores que inflúen no descanso.
- Pautas prácticas para mellorar o repouso.
- Visión crítica sobre o uso de fármacos para durmir.
 
Inscricións abertas ata o 10 de decembro coa educadora familiar os luns e mércores en horario de 9 a 14 horas ou a través do teléfono 982 55 80 01 ext. 6.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO