NOVA CITA CO TEATRO EN ALFOZ!
18/Novembro/2025
Continuamos co Circuito de Teatro Afeccionado 2025:
Sábado, 22 de novembro
20:00 h
Casa da Cultura de Alfoz
“O Xuízo” – Metátase Teatro
Comedia | Todos os públicos | 65 min
Entrada de balde
Trátase dun espectáculo que visibiliza a enorme contribución das mulleres á cultura galega ao longo dos séculos. A través dun peculiar xuízo, o público reflexiona —sempre en clave de humor— sobre o uso do galego, os nosos hábitos, prexuízos e relación coa lingua.
Esperámoste!