Concello de Alfoz
PRESENTACIÓN DO LIBRO "AS TOLAS QUE NON O ERAN"

PRESENTACIÓN DO LIBRO "AS TOLAS QUE NON O ERAN"

20/Novembro/2025

O sábado 29 de novembro ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Alfoz, Carmen V. Valiña presenta o seu libro “As tolas que non o eran”.

Unha obra que recupera as historias das mulleres internadas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 por non axustarse a unha vida “exemplar”: aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes… 

Un encontro imprescindible para reflexionar sobre a violencia exercida contra as mulleres ao longo da historia.

 

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO