Concello de Alfoz
PROGRAMA LUGO TERMAL 2025-2026: APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES

PROGRAMA LUGO TERMAL 2025-2026: APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES

02/Decembro/2025

O Concello de Alfoz informa da posta en marcha do Programa Lugo Termal 2025–2026, promovido pola Deputación de Lugo co obxectivo de potenciar o benestar social e o turismo termal da provincia. O programa ofrece prazas subvencionadas para persoas maiores de 50 anos, distribuídas nos seguintes establecementos balnearios:

  • Hotel Airport Madrid Hoteles, S.L. (Guitiriz)

  • Balneario e Termas de Lugo, S.L. (Lugo)

  • Hotel Balneario Augas Santas, S.L. (Pantón)

  • Balneario do Río Pambre, S.L. (Palas de Rei)

Modalidades do programa

Opción A: Estancia e tratamento (275 €, IVE incluído)

  • 6 días e 5 noites en pensión completa

  • Ata 15 técnicas de saúde

  • Recoñecemento médico previo

Opción B: Tratamento sen estancia (264 €, IVE incluído)

  • Mínimo 30 técnicas terapéuticas durante 10 días

  • Realización de luns a venres

Requisitos
  • Ter 50 anos no momento de presentar a solicitude

  • Estar empadroado/a en calquera concello da provincia de Lugo

  • O/a solicitante poderá acudir cun acompañante, aínda que este non cumpra os requisitos de idade ou empadroamento

Documentación necesaria
  • DNI da persoa solicitante e do/a cónxuxe ou acompañante (se procede)

Prazo e lugar de solicitude

As solicitudes poden presentarse no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, de luns a venres, dende o 01/12/2025 ao 30/11/2026, ou ata cubrirse as prazas.


Para máis información: 982 238 920

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO