Concello de Alfoz
SUBVENCIÓN NOMINATIVA PARA DECORACIÓN DE NADAL NAS PARROQUIAS DE ALFOZ

SUBVENCIÓN NOMINATIVA PARA DECORACIÓN DE NADAL NAS PARROQUIAS DE ALFOZ

10/Decembro/2025

O Concello de Alfoz informa da convocatoria dunha subvención nominativa de 300 euros destinada a cada parroquia do municipio co obxectivo de apoiar a instalación de adornos e elementos decorativos de Nadal.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 21 de decembro de 2025. As persoas representantes das parroquias poderán tramitar a solicitude nas dependencias municipais.

O Concello continúa con esta liña  de axudas dos últimos anos para contribuír á ambientación festiva e ao embelecemento dos diferentes núcleos locais durante as datas navideñas.

CONVENIO SUBVENCIÓN NOMINATIVA DE NADAL 

COMUNICACIÓN LIÑA DE AXUDAS DECORACIÓN DE NADAL 

 

 

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO