Este venres, 19 de decembro, celebramos en Alfoz a entrega do premio do X Concurso Balbino de Relatos e a presentación do libro “As donas da noite”, obra gañadora do noso veciño Lionel Rexes.
- Venres, 19 de decembro
- 20:00 h
- Casa da Cultura de Alfoz
O acto contará coa participación de representantes institucionais do ámbito cultural e co acompañamento musical do Grupo de Gaitas da Asociación Cultural Amado Lar, nunha xornada para poñer en valor a creación literaria e a cultura galega.
Agardámoste!