AXUDAS PARA O TRANSPORTE DE ESTUDANTES. CURSO 2025-2026
29/Decembro/2025
O Concello de Alfoz abre o prazo para solicitar as axudas ao transporte de estudantes que cursen Bacharelato e ciclos de Formación Profesional fóra do termo municipal, en centros sostidos con fondos públicos da comarca da Mariña.
Convocatoria publicada no BOP e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) BDNS: 877405
Prazo de presentación de solicitudes:
15 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.
Beneficiarios/as: alumnado empadroado no Concello de Alfoz que cumpra os requisitos establecidos nas bases reguladoras.
As bases completas, requisitos e modelos de solicitude poden consultarse na sede electrónica e na web municipal.
Para máis información, diríxete ao Concello de Alfoz ou consulta a documentación oficial.