Concello de Alfoz
AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICO

AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICO

09/Xaneiro/2026

O 7 de xaneiro de 2026 publicouse no DOG a resolución do Instituto de Estudos do Territorio pola que se convocan axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificacións e peches.

Actuacións subvencionables
Serán obxecto de axuda, entre outras, as seguintes actuacións:
  • Restauración ou revestimento de fachadas rematadas con materiais inadecuados para quedar á vista (ladrillo, bloques de formigón, formigón ou morteiro de cemento).
  • Remate, renovación ou substitución de cubertas en mal estado ou con materiais inadecuados, incluída a substitución de cubertas de fibrocemento e a eliminación de elementos discordantes coa contorna.
  • Recuperación, restauración ou mellora de muros de peche, incluíndo o seu revestimento, a redución de altura, a eliminación de elementos discordantes e a recuperación de muros tradicionais de pedra. Tamén será subvencionable o pintado de portas, portais e cerrallarías integradas nos peches cando xeren impacto paisaxístico.
  • Todas as actuacións deberán cumprir os criterios da Guía de cor e materiais de Galicia e, no caso dos muros de peche, a Guía de caracterización e integración paisaxística de valados.

Actuacións excluídas
  • Reparacións meramente estéticas ou labores de limpeza.
  • Substitución de carpinterías e cerrallarías exteriores.
  • Eliminación de recebos en fachadas de cachotaría para deixar a pedra á vista.
  • Actuacións que non teñan carácter integral.

Contía da axuda
Ata o 70 % do investimento subvencionable
Límite máximo: 3.000 €

Prazo de solicitudes
1 mes, desde o 16 de xaneiro de 2026 ás 12:00 h

Presentación obrigatoria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
As axudas concederanse por orde de presentación
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO