Concello de Alfoz
AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL (ANO 2026)

AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL (ANO 2026)

19/Xaneiro/2026

A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia do día 13 de xaneiro de 2026 unha nova convocatoria de axudas económicas para a rehabilitación de vivendas no rural, dirixidas a concellos de menos de 5.000 habitantes.
Estas axudas teñen como obxectivo mellorar as condicións das vivendas e favorecer a fixación de poboación no rural.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
Obras de rehabilitación das vivendas (conservación, habitabilidade, accesibilidade, sustentabilidade e eficiencia enerxética).
Terminación ou ampliación de vivendas.
Cambio de uso de locais ou entreplantas para convertelos en vivendas.
Actuacións para evitar a entrada de gas radón nas vivendas.

PERSOAS BENEFICIARIAS:
Persoas propietarias ou usufructuarias de vivendas situadas en concellos de menos de 5.000 habitantes.
As vivendas deberán destinarse a residencia habitual e permanente ou a alugueiro.
No caso de vivenda habitual, as persoas solicitantes deberán ter ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM.

CONTÍA DA AXUDA:
Ata o 75 % do custo das obras, cun máximo de 30.000 euros por vivenda.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes comeza cinco días hábiles despois da publicación no DOG (publicado o 13 de xaneiro) e remata o 1 de setembro de 2026, ou antes se se esgota o crédito dispoñible.

As solicitudes poden presentarse preferentemente por vía electrónica, na sede electrónica da Xunta de Galicia, ou de maneira presencial nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As axudas concederanse por orde de entrada das solicitudes completas, ata que se esgote o orzamento dispoñible.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO