Concello de Alfoz
JOSEFA VIVERO LORENZO CELEBRA 101 ANOS RODEADA DE FAMILIA E AMIGOS

JOSEFA VIVERO LORENZO CELEBRA 101 ANOS RODEADA DE FAMILIA E AMIGOS

25/Xaneiro/2026
Hoxe foi un día moi especial na parroquia de Mor: Josefa Vivero Lorenzo celebrou o seu 101 aniversario rodeada da súa familia e amigos. A Alcaldesa e delegada de Servizos Sociais, Efigenia Maseda, xunto co Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, achegáronse para felicitala persoalmente e agasallárona cunha cesta de flores, como mostra do cariño e recoñecemento do Concello.
Un aniversario que lembra que a vida está feita de momentos compartidos e de afecto, e que en Alfoz as persoas maiores son unha parte fundamental.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO