Concello de Alfoz
MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ALFOZ

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE ALFOZ

29/Xaneiro/2026
O Pavillón Municipal de Alfoz conta cunha nova instalación de caldeira de pellets para a produción de calefacción e auga quente sanitaria (ACS), unha mellora que permitirá reducir o consumo enerxético e avanzar cara a un modelo máis sostible.

A actuación, cun investimento de 60.000 euros, foi desenvolvida polo Concello de Alfoz e financiada a través do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia, un programa que permite aos concellos de menos de 15.000 habitantes levar a cabo actuacións de mellora en edificios municipais.

A alcaldesa destacou que “este tipo de investimentos son fundamentais para mellorar as instalacións públicas e avanzar na eficiencia enerxética”, agradecendo o apoio da Xunta de Galicia para facer posible actuacións como esta.

Ademais, sinalou que o Concello continuará impulsando novas melloras no Pavillón Municipal, como o cambio da cuberta, co obxectivo de seguir modernizando unha instalación clave para a actividade deportiva e social do municipio.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO