Concello de Alfoz
ALERTA METEOROLÓXICA POR VENTO

ALERTA METEOROLÓXICA POR VENTO

11/Febreiro/2026
Debido á alerta laranxa por vento establecida pola AEMET e MeteoGalicia para a Mariña de Lugo, activa hoxe dende as 15:00 h ata as 23:59 h, o Concello de Alfoz adopta as seguintes medidas preventivas:

- Suspéndense as actividades no exterior.
- Quedan suspensas as actividades de persoas adultas.
- Suspéndense as Escolas Deportivas.
- Peche e suspensión do uso das instalacións deportivas municipais.

Recoméndase evitar desprazamentos innecesarios e extremar as precaucións para garantir a seguridade de toda a veciñanza.

Rogamos atención ás indicacións oficiais e agradecemos a colaboración de todos e todas.




 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO