Concello de Alfoz
VISITA DE MANUEL ESTEBAN AO CLUB DE LECTURA DE ALFOZ

VISITA DE MANUEL ESTEBAN AO CLUB DE LECTURA DE ALFOZ

23/Febreiro/2026
O pasado venres tivemos a sorte de recibir no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Alfoz ao escritor Manuel Esteban, que compartiu cos membros do club unha charla arredor da súa última novela “A lei do mar”.

Foi un encontro moi especial no que puidemos falar sobre a historia, o proceso de creación da obra e intercambiar impresións sobre a lectura nun ambiente próximo e enriquecedor.

Grazas por acompañarnos nesta tarde de literatura en Alfoz!

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO