RECOÑECEMENTO INSTITUCIONAL A RAMONA CORTIÑAS POLO SEU 103 ANIVERSARIO
02/Marzo/2026
O pasado 25 de febreiro, Ramona Cortiñas López celebrou o seu 103 aniversario rodeada da súa familia no seu fogar do Pereiro, en Alfoz.
Con motivo desta data tan especial, a alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, achegouse ata o seu domicilio en representación do Concello para felicitala persoalmente e facerlle entrega dunha cesta de froita e flores.
Durante a visita, a alcaldesa destacou que “cando alguén cumpre 103 anos, non se trata só dunha cifra. Trátase dunha vida enteira chea de momentos, de traballo, de familia e de historias que forman parte tamén do noso Alfoz”.
Dende o Concello de Alfoz queremos desexarlle a Ramona un moi feliz aniversario, recoñecendo a súa longa traxectoria vital como parte da memoria viva do noso municipio.