8M / IGUALDADE REAL, TAMÉN NO RURAL
03/Marzo/2026
O Concello de Alfoz súmase á conmemoración do 8 de marzo reafirmando o seu compromiso coa igualdade real, tamén no rural.
- A Casa do Concello tinguirase de violeta como mostra de apoio a todas as mulleres.
- Publicarase a III edición de “Mulleres de Alfoz”, con infografías que recollen a traxectoria de mulleres do noso concello, poñendo en valor o seu papel na vida social, cultural e profesional.
Porque a igualdade constrúese cada día, tamén dende o ámbito local.