Concello de Alfoz
EDICIÓN DE EXEMPLARES DO CADERNO "DA VILA DO CASTROD'OURO AO CONCELLO DE ALFOZ: OITOCENTOS ANOS NA HISTORIA"

EDICIÓN DE EXEMPLARES DO CADERNO "DA VILA DO CASTROD'OURO AO CONCELLO DE ALFOZ: OITOCENTOS ANOS NA HISTORIA"

18/Marzo/2026

O Concello de Alfoz vén de realizar a impresión de 500 exemplares do caderno “Da vila do Castrodouro ao Concello de Alfoz: 800 anos na historia”, unha publicación que recolle parte fundamental da memoria histórica do municipio.

Esta actuación foi financiada a través do Plan de Cooperación cos Concellos 2025 da Deputación de Lugo, permitindo así poñer a disposición da veciñanza e das persoas interesadas un material de gran valor divulgativo.

Este caderno ten a súa orixe nas Xornadas Históricas celebradas no ano 2020, organizadas con motivo do 800 aniversario da Vila do Castrodouro. Nelas presentáronse diversos relatorios froito de investigacións que afondan na evolución histórica do territorio, desde a antiga vila ata o actual Concello de Alfoz.

No ano 2024, estes contidos foron recompilados nunha publicación que se presentou tanto no Castelo de Castrodouro como no Museo Provincial de Lugo, contribuíndo á difusión do patrimonio histórico local.

Coa adquisición destes exemplares, o Concello continúa apostando pola conservación, divulgación e posta en valor da súa historia, facilitando o acceso a este traballo á cidadanía.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO