BANDO MUNICIPAL / XESTIÓN DA BIOMASA
24/Marzo/2026
O Concello de Alfoz lembra á veciñanza a obrigatoriedade de manter limpas as parcelas situadas nas faixas secundarias de protección contra incendios.
Prazo límite: 31 de maio de cada ano
Debe respectarse unha franxa de 50 metros arredor de vivendas e núcleos rurais, libre de especies como eucalipto, piñeiro ou acacia.
É responsabilidade das persoas propietarias ou responsables realizar a limpeza anual da biomasa vexetal para reducir o risco de incendios forestais.
O incumprimento destas obrigas poderá dar lugar á apertura de expedientes sancionadores e á execución subsidiaria dos traballos, co correspondente custo para as persoas responsables.
Consulta se a túa parcela está afectada:
https://mapas.xunta.gal/visores/faixas