Concello de Alfoz
"HAMELIN" - FRAN REI

"HAMELIN" - FRAN REI

08/Abril/2026

Este 23 de abril, para celebrar o Día do Libro, teremos unha proposta moi especial para todos os públicos:

Un espectáculo que mestura narración oral, maxia, música e humor, revisitando a coñecida lenda do frautista cunha mirada actual e inclusiva.

Será as 15:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz e durará 50 minutos. 

Unha historia chea de imaxinación que fala de diversidade, responsabilidade e do valor de mirar máis alá das diferenzas.

Un plan perfecto para desfrutar en familia.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO