CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2026
21/Abril/2026
Ábrese o prazo para participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2026. Está dirixido a nenas ou nenos empadroados en Alfoz ou que estuden no CEIP Castro de Ouro ou no IES Alfoz-Valadouro.
Entrega de traballos: ata o 12 de maio
Lugar de entrega: no colexio ou na Biblioteca Pública de Alfoz
Máis info: 982 571 270
Bases e inscrición no código QR ou no seguinte enlace: https://goo.su/1nOa8B
Tema: Medra lendo
Categorías:
- Ata 8 anos
- De 9 a 11 anos
- De 12 a 16 anos
Organiza: Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo e Rede de Bibliotecas de Galicia.