AVISO IMPORTANTE - PISTA DE PÁDEL
23/Abril/2026
Dende o Concello de Alfoz informamos de que a pista de pádel permanecerá pechada durante uns días debido á realización de obras de mellora na instalación.
Estas actuacións non afectarán ao curso de pádel de adultos dos sábados nin ás Escolas Deportivas dos luns para nenos/as, que se desenvolverán con normalidade.
Agradecemos a vosa comprensión mentres seguimos traballando para mellorar os nosos servizos e instalacións deportivas.