Concello de Alfoz
"VIRAVOLTA": UNHA VIAXE DE EMOCIÓN, MEMORIA E RAÍCES

"VIRAVOLTA": UNHA VIAXE DE EMOCIÓN, MEMORIA E RAÍCES

12/Maio/2026
O vindeiro 23 de maio poderemos gozar de “Viravolta”, de Raquel Crespo. Tamén será a entrega de premios do Concurso das Letras Galegas 2026. Ademais, haberá un pequeno agasallo para todas as crianzas asistentes e diploma para todos os participantes.

Ás 19:30 h
Casa da Cultura de Alfoz

Viravolta é un espectáculo de teatro físico e narrativo para público familiar e interxeracional que nos mergulla nunha historia de emigración, amizade e esperanza contada desde a mirada da infancia.

A través da viaxe dunha nena que marcha cos seus pais deixando atrás a súa terra, a obra fálanos das despedidas, da espera e das promesas, nun relato cheo de emoción, humor e retranca que nos lembra como a vida xira e transforma todo ao seu paso.

Un encontro para celebrar a creatividade, a nosa lingua e esas historias que forman parte da memoria colectiva.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO