Concello de Alfoz
OBRADOIRO "CONECTA CO BO TRATO": PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO E SEGURIDADE DIXITAL"

OBRADOIRO "CONECTA CO BO TRATO": PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO E SEGURIDADE DIXITAL"

18/Maio/2026
O vindeiro 29 de maio o CEIP Plurilingüe Castro de Ouro acollerá o obradoiro “Conecta co bo trato: violencia de xénero e seguridade dixital”, unha actividade dirixida ao alumnado de Educación Primaria co obxectivo de fomentar a educación en igualdade, a prevención da violencia de xénero e o uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais.

As sesións desenvolveranse en horario de mañá: de 9:30 a 11:20 horas para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria, e de 12:00 a 13:30 horas para 1º, 2º e 3º de Primaria.

Esta actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO