OBRADOIRO "CONECTA CO BO TRATO": PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO E SEGURIDADE DIXITAL"
18/Maio/2026
O vindeiro 15 de xuño o IES Alfoz - Valadouro acollerá o obradoiro “Conecta co bo trato: violencia de xénero e seguridade dixital”, unha actividade dirixida ao alumnado de Educación Primaria co obxectivo de fomentar a educación en igualdade, a prevención da violencia de xénero e o uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais.
As sesións desenvolveranse en horario de mañá: de 8:30 a 10:10 horas para o alumnado de 1º ESO, de 10:10 a 11:35 para 4º ESO, de 11:35 a 12:50 para 2º ESO e de 12:50 a 14:30 horas para 3º ESO.
Esta actividade realízase con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.