Concello de Alfoz
O CIM MÓBIL VISITARÁ ALFOZ O VINDEIRO 17 DE XUÑO

O CIM MÓBIL VISITARÁ ALFOZ O VINDEIRO 17 DE XUÑO

27/Maio/2026

O Concello de Alfoz informa da chegada do CIM Móbil (Centro de Información ás Mulleres) ao municipio o vindeiro 17 de xuño de 2026.

O servizo instalarase na Praza do Concello de Castro de Ouro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo atención, información, asesoramento e acompañamento ás mulleres de maneira próxima e accesible.

Esta iniciativa busca achegar recursos de apoio e orientación en diferentes ámbitos, facilitando un espazo de atención especializado para todas aquelas persoas que o precisen.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO