Concello de Alfoz
PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2026

PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2026

28/Maio/2026
Informamos da apertura do prazo para solicitar a participación no Programa Benestar en Balnearios 2026, unha iniciativa da Xunta de Galicia dirixida a promover o benestar e a calidade de vida das persoas maiores. ?

O programa ofrece estancias en distintos balnearios de Galicia con tratamentos termais e opción de aloxamento, en diferentes datas ao longo do ano.

Prazo de solicitude: do 27 de maio ao 26 de xuño de 2026

Lugar de presentación:
Oficina de Servizos Sociais Comunitarios

Máis información: 982 238 920

Dirixido a:
- Persoas de 60 anos ou máis
- Ou persoas de 55 anos ou máis pensionistas do sistema da Seguridade Social
- Empadroadas e residentes en Galicia

As persoas interesadas poden consultar no bando toda a información relativa a destinos, datas, requisitos e documentación necesaria.

Desde o Concello animamos a todas as persoas que cumpran os requisitos a informarse e aproveitar esta oportunidade de benestar e saúde. 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO