Concello de Alfoz
AVISO IMPORTANTE SOBRE A TDT E OS SERVIZOS MÓBILES 4G E 5G

AVISO IMPORTANTE SOBRE A TDT E OS SERVIZOS MÓBILES 4G E 5G

17/Xuño/2026
O Concello de Alfoz informa á veciñanza de que proximamente entrarán en funcionamento no noso municipio os servizos móbiles de nova xeración 4G e 5G nas bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz.

Esta tecnoloxía permitirá mellorar a cobertura no interior das vivendas e ampliar a conexión a internet, así como ofrecer novos servizos dixitais.

A posta en marcha destes servizos pode provocar incidencias na recepción da sinal da TDT nalgúns fogares.

Para solucionar estas posibles afectacións, a entidade Llega700 pon á disposición da cidadanía un servizo gratuíto de atención e asistencia técnica.

Teléfono gratuíto: 900 833 999
Máis información: www.llega700.es

No caso de detectarse algunha incidencia, un técnico cualificado desprazarase ao domicilio para realizar os axustes necesarios sen custo ningún para as persoas usuarias.

Recomendamos estar atentos ás próximas comunicacións sobre o inicio deste servizo.
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO