LUDIVERÁN ALFOZ 2026 - INFORMACIÓN IMPORTANTE
19/Xuño/2026
Dende o Concello de Alfoz informamos de que todas as solicitudes presentadas para participar no programa Ludiverán foron admitidas na totalidade das quincenas solicitadas.
Agradecemos a boa acollida desta nova edición e agardamos que a rapazada desfrute dun verán cheo de xogos, aprendizaxe e diversión.
Lembramos ás familias que, no caso de precisar cursar baixa nalgunha quincena ou na actividade, esta deberá solicitarse expresamente para unha mellor organización do servizo.
Para calquera dúbida ou xestión, podedes dirixirvos á Casa do Concello.
Grazas pola vosa colaboración.