O Concello de Alfoz, en colaboración con Guía tu Día, retoma o programa Polos Camiños do Mariscal, unha iniciativa para descubrir a riqueza histórica, cultural e natural do noso municipio.
Sábado, 4 de xullo
Ás 9:30 horas
Nesta ocasión terá lugar o roteiro "Pazos e lugares senlleiros", un percorrido guiado polas parroquias de San Pedro e Lagoa, no que as persoas participantes poderán coñecer pazos, edificacións singulares, un museo etnográfico e outros elementos de gran valor patrimonial.
Características do roteiro:
• Percorrido circular
• Distancia: 6 km
• Dificultade baixa
• Actividade gratuíta
• Prazas limitadas
Máis información e reservas: 654 99 68 57 (Ana)
Animádevos a participar e a descubrir os recunchos máis especiais da nosa historia e do noso patrimonio.