O FESTIVAL ATLÁNTICA VOLVE A ALFOZ!
25/Xuño/2026
O Castelo de Castrodouro énchese de historias da man de Charo Pita, unha das grandes voces da narración oral galega.
"Retratos en branco e negro" convídanos a viaxar por relatos cheos de emoción, memoria e humanidade, onde cada palabra pinta escenas inesquecibles.
Venres, 3 de xullo
21:00 h
Castelo de Castrodouro, Alfoz
Acceso libre
Espectáculo para público adulto e en galego
O Festival Atlántica chega a Alfoz cunha proposta que celebra o poder da palabra e da imaxinación.