NOVA SESIÓN CO FESTIVAL ATLÁNTICA EN ALFOZ!
26/Xuño/2026
Continúa o Festival Atlántica en Alfoz cun encontro moi especial da man de Vero Rilo e Ángeles Goás.
"Contos colorados" é unha proposta fresca, divertida e emocionante que nos achega historias para rir, reflexionar e deixar voar a imaxinación.
Sábado, 4 de xullo
21:00 h
Castelo de Castrodouro, Alfoz
Acceso libre
Espectáculo para público adulto e en galego
Unha noite para gozar da narración oral nun dos lugares máis emblemáticos do noso concello.