Concello de Alfoz
O FESTIVAL BAL Y GAY REGRESA A ALFOZ CUN CONCERTO DE EXCEPCIÓN

O FESTIVAL BAL Y GAY REGRESA A ALFOZ CUN CONCERTO DE EXCEPCIÓN

23/Xullo/2026
O vindeiro 6 de agosto ás 20:30 horas, o Castelo de Castrodouro converterase de novo nun escenario privilexiado para a música clásica coa celebración dun novo concerto do XIII Festival Bal y Gay. 

Nesta ocasión, subirán ao escenario Moisés P. Sánchez, xunto a Ana María Valderrama e Pablo Martín Caminero, tres recoñecidos artistas que ofrecerán unha proposta musical única nun marco incomparable.

Entradas dispoñibles na Biblioteca de Alfoz.
Prezo: 21 €

Unha oportunidade para desfrutar da mellor música en directo nun dos espazos patrimoniais máis emblemáticos do noso concello.

Non quedes sen a túa entrada! 

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO