Concello de Alfoz
A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE VISITARÁ ALFOZ O VINDEIRO 30 DE XULLO

A UNIDADE MÓBIL DE DOAZÓN DE SANGUE VISITARÁ ALFOZ O VINDEIRO 30 DE XULLO

28/Xullo/2026

O Concello de Alfoz informa de que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazará a súa unidade móbil ao municipio o vindeiro xoves, 30 de xullo, para facilitar a doazón de sangue á veciñanza.

A unidade instalarase entre a Casa do Concello (A Seara) e a Casa da Cultura, onde permanecerá en horario de 16:30 a 18:30 horas.

Desde o Concello anímase á cidadanía a participar nesta iniciativa solidaria, lembrando que unha única doazón pode contribuír a salvar varias vidas e resulta esencial para garantir as reservas de sangue nos hospitais galegos, especialmente durante os meses de verán.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO