Concello de Alfoz
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE ALFOZ

10/Agosto/2026

O Concello de Alfoz abre o prazo de inscrición para o vindeiro curso das Escolas Deportivas, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 17 anos. 

Unha iniciativa para fomentar o deporte base e os hábitos saudables na nosa xuventude.

As modalidades deportivas ofertadas son:

- Fútbol
- Patinaxe
- Atletismo
- Pádel

Podes inscribirte do 12 ao 19 de agosto e tamén durante todo o curso escolar.

Descarga a folla de inscrición aquí e preséntaa na Oficina de Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica: 

FOLLA DE INSCRICIÓN FÚTBOL 

FOLLA DE INSCRICIÓN PATINAXE, ATLETISMO E PÁDEL

O 1 de setembro xa dá comezo o fútbol.
 

 

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO