O programa Educando en Familia, centrado no benestar infantil, a educación emocional e o fortalecemento dos vínculos familiares, presenta unha nova convocatoria para dar a coñecer os seus servizos ás familias. Será o próximo 29 de setembro ás 17:00 no IES Alfoz-Valadouro.
NOVO SERVIZO DE ACOMPAÑAMENTO PSICOPEDAGÓXICO ÁS FAMILIAS
Como novidade, o programa incorpora un servizo especializado de atención individualizada para a detección temperá, orientación e acompañamento ante dificultades relacionadas co desenvolvemento, a aprendizaxe e o benestar emocional das crianzas.
Ofrece apoio en cuestións como as necesidades específicas de apoio educativo, a regulación emocional, a autonomía e as habilidades sociais, así como asesoramento ás familias e coordinación cos centros educativos.
A quen vai dirixido?
A familias con crianzas de 0 a 6 anos, nais xestantes, avós e coidadores e familias que precisen apoio ou orientación educativa.
Máis información sobre o novo servizo: 676 259 076 www.educandoenfamilia.org
Agardámosvos para coñecer de primeira man este programa e os recursos que pon á disposición das familias de Alfoz!