ITV PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS EN ALFOZ
24/Setembro/2026
Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos desprazarase a Alfoz do 13 ao 16 de outubro para realizar as inspeccións periódicas de vehículos agrícolas.
Do 13 ao 16 de outubro de 2026
Ao lado do Campo de Fútbol Municipal
Do 13 ao 15: de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 18:00 h
Día 16: de 9:00 a 13:30 h
É necesario solicitar cita previa:
981 928 080
Cita previa en SYC ITV
Lémbrase que non se realizará a inspección aos vehículos con carga nin con apeiros que non teñan que pasar a inspección.