Concello de Alfoz
AVISO / V CARREIRA POPULAR ALFOZ - VALADOURO

AVISO / V CARREIRA POPULAR ALFOZ - VALADOURO

02/Outubro/2026
Con motivo da celebración da V Carreira Popular Alfoz-Valadouro, este sábado 3 de outubro, informamos de que permanecerán pechadas ao tráfico durante o transcurso da proba as estradas polas que discorre o percorrido en Santa Mariña, Xordelo, Candaedo, A Rega e Reirado.

Ademais, as estradas que rodean o recinto escolar do CEIP, o parque e as vivendas sociais permanecerán pechadas de 9:30 a 11:00 horas.

Agradecemos a colaboración da veciñanza e pedimos que se manteñan despexadas de vehículos as vías polas que pasará a carreira.
 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO