Concello de Alfoz
XXXII FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE DE ALFOZ

XXXII FESTIVAL DA TERCEIRA IDADE DE ALFOZ

06/Outubro/2026

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival da Terceira Idade, dirixido ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas empadroadas no municipio, que poderán acudir acompañadas dos seus cónxuxes.

Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación, terá lugar unha comida de confraternidade no Pavillón Municipal de Deportes, así como diversos actos.

As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición na Oficina de Servizos Sociais do Concello entre o 5 e o 20 de outubro.

Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO