Con motivo do Día das Bibliotecas, o vindeiro 23 de outubro teremos unha cita cos contos e a imaxinación na Casa da Cultura de Alfoz.
Cris de Caldas presentará “A bibliotecaria estrafalaria”, un espectáculo para desfrutar en familia, compartir historias e deixar voar a imaxinación.
Venres, 23 de outubro
13:00 h
Casa da Cultura
A actividade está dirixida ao público a partir de 3 anos e contará coa asistencia dos nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro. Aberta a todo o público.
Unha proposta enmarcada no programa Ler Conta Moito para celebrar o pracer de ler, contar e escoitar historias.