Concello de Alfoz
UNHA TARDE DE CONTOS, CREATIVIDADE E TEATRO PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS EN ALFOZ

UNHA TARDE DE CONTOS, CREATIVIDADE E TEATRO PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS EN ALFOZ

15/Outubro/2026
O sábado 24 de outubro, a Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá dúas actividades para conmemorar o Día das Bibliotecas, cunha programación pensada para desfrutar da cultura e das historias en familia.

De 16:00 a 19:00 h | Obradoiro infantil

Unha actividade dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos para compartir unha tarde de creatividade na biblioteca.

Gratuíto e sen inscrición previa.

Ás 19:00 h | Representación teatral “Latexos. As lendas do castro”

A compañía K’Paparota Teatro presentará esta obra dirixida por Kevin Stewart, destinada ao público infantil e familiar e aberta a todos os públicos.

Sábado, 24 de outubro
Biblioteca Municipal de Alfoz

Actividades enmarcadas no Plan Deputación 2026 da Deputación de Lugo.

 
Voltar

ACCESOS DESTACADOS DE TURISMO