UN OBRADOIRO INFANTIL PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS
15/Outubro/2026
A Biblioteca Municipal de Alfoz acollerá un obradoiro dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, dentro da programación organizada con motivo do Día das Bibliotecas.
Unha proposta para achegar os máis pequenos ao mundo dos libros a través de manualidades, xogos e actividades creativas, compartindo unha tarde de diversión e aprendizaxe.
Sábado, 24 de outubro
De 16:00 a 19:00 h
Biblioteca Municipal de Alfoz
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos
Actividade gratuíta e sen inscrición previa.
Animámosvos a participar e a celebrar o Día das Bibliotecas!
Actividade enmarcada no Plan Deputación 2026 da Deputación de Lugo.